Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Victoria de infarto do Monbus Obradoiro

A sexta vitoria do Monbus Obradoiro veu cargada de suspense. O Montakit Fuenlabrada non llo puxo nada fácil, pero un palmeo de Mike Daum a dous segundos do final decantou a balanza a favor dos composteláns (78-77). 

O primeiro tempo iniciouse cunha férrea defensa do equipo visitante. Brodziansky empezou a atopar os ocos no muro  fuenlabreño e apoiado nos triplos de Álvaro Muñoz, o Monbus Obradoiro tomou vantaxe (19-10).  

 No segundo parcial os dous equipos atascáronse en ataque. As xogadas individuais brillaron sobre o colectivo, cun inspirado Mike Daum nos locais. A pesar da súa ofensiva,  o Montakit Fuenlabrada acurtou distancias pechando o primeiro tempo a só seis puntos do Monbus Obradoiro (38-32).  

Tras o descanso, o Monbus Obradoiro aumentou a súa intensidade en defensa, aínda que non puido frear o avance rival que pechou o cuarto igualando o marcador (57-57).   

A acumulación de faltas en xogadores clave do Obra non retardou o seu avance.  Czerapowicz levantou aos seus con dous triplos que volveron poñer ao Obradoiro na cabeza. Tras un duro intercambio de golpes, o Fuenlabrada logrou adiantarse no marcador a falta de só un minuto (76-77). Unha posesión atafegante provocou que Muñoz forzase o triplo sendo cuspido polo aro. Mike Daum foi o máis rápido en chegar ao balón cun  palmeo incontestable que sentenciou ao  Montakit Fuenlabrada e que supuxo a sexta vitoria do Monbus Obradoiro.