Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus reforza os seus servizos en Nadal

Monbus reforzará os seus servizos de longo percorrido ata o luns 6 de xaneiro, para poder ofrecer un maior número de posibilidades aos seus viaxeiros nos desprazamentos durante o período do Nadal.

Os usuarios que desexen viaxar en Nadal poden xa adquirir os seus billetes na web de Monbus en venda anticipada, beneficiándose de promocións e descontos nos principais roteiros nacionais reforzadas:

• Vigo – Barcelona: a conexión entre Galicia e Cataluña será diaria, fóra dos sábados. Desde Vigo haberá unha saída ás 15:30h mentres que desde Barcelona será ás 21:45h. Os días 24 e 31 de decembro non haberá servizo en ningún dos dous sentidos da liña.

• Irún – Salou: os viaxeiros que queiran chegar ata a Costa Dourada poderán facelo calquera día da semana. A saída desde Irún realízase todos os días ás 06:45h mentres que desde Salou o bus parte ás 15:40h de luns a venres e os domingos, e ás 09:15h os sábados. Nesta liña, non haberá servizo o 25 e 26 de decembro nin o 1 de xaneiro.

• Barcelona – San Sebastián: esta liña ofrece un amplo abanico de expedicións aos usuarios que queiran desprazarse entre dous dos destinos nacionais de referencia. Existen tres expedicións diarias para viaxar ata San Sebastián (08:45 h, 14:40 h e 22:05 h) mentres que para chegar ata Barcelona existen dous (07:15h e 23:15h) que engaden unha terceira de luns a xoves (13:40h) ou os venres e os domingos (15:40h). Durante o período do Nadal haberá excepcións nos servizos desta liña:

- 24 e 31 de decembro: non haberá o servizo das 22:05h desde Barcelona nin o das 23:15h desde San Sebastián.
- 25 de decembro e 1 de xaneiro: non circularán o autobús das 07:15h e 13:40h desde San Sebastián nin os das 08:45h e 14:40h desde Barcelona.

• Salamanca – Barcelona: a viaxe poderase realizar a diario en ambos os sentidos. A hora de partida desde Salamanca será ás 10:00 h de luns a xoves e os sábados, mentres que venres e domingos será ás 20:30 h. En sentido contrario, as expedicións desde Barcelona sairán cada día ás 08:45h.

- 24 e 31 de decembro: non haberá o servizo das 10:00 h desde Salamanca.
- 25 de decembro e 1 de xaneiro: o servizo desde Salamanca realizarase ás 20:30 h. Desde Barcelona non haberá saídas.

• San Sebastián – Vigo: unha expedición diaria conectará a cidade galega e a vasca, menos os sábados. De terras viguesas a saída realizarase ás 19:20h de luns a xoves e os domingos, mentres que os venres será ás 20:30h. Pola súa banda, desde a urbe vasca os buses iniciarán a súa viaxe en horario unificado sempre ás 20:30h. Da mesma forma, esta liña non circulará nin o 24 nin o 31 de decembro.

Calquera usuario que necesite máis información acerca da ampliación de servizos para o período festivo, pode contactar por teléfono (982.29.29.00), email (info@monbus.es) ou a través das redes sociais (FacebookTwitter Instagram).