Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Monbus Obradoiro derrota ao Betis en Sar

O Monbus Obradoiro deu un novo paso este domingo ante a súa afección, derrotando ao Coosur Real Betis por 82 a 73. Grazas a esta vitoria, o Obra colle aire e pon terra polo medio coa zona baixa da táboa. 

O primeiro parcial comezou a favor dos andaluces, pero rapidamente Fletcher Magee e Vladimir Brodziansky despegaron o marcador a favor do seu equipo (25-16). 

O  Coosur Real Betis reorganizouse en defensa durante o segundo cuarto obrigando aos xogadores do Monbus Obradoiro a tirar desde o perímetro. O ataque resentiuse e os andaluces igualaron antes do descanso (36-36). 

Os visitantes creron na remontada e lanzáronse a por a vitoria na segunda metade. En menos de dous minutos e tras un gran parcial, os  béticos colleron nove puntos de vantaxe grazas ao seu defensa e os erros do Monbus Obradoiro. A pesar das adversidades, o conxunto  obradoirista non se rendeu e grazas ao impulso das dupla Pozas Muñoz, o terceiro tempo pechouse cos locais na cabeza (58-55). 

O último cuarto foi un recital do Monbus Obradoiro desde a liña de triplos. Os andaluces acusaron os nervios fallando, situación da que o Obra sacou petróleo ampliando a diferenza ata os doce puntos grazas a un triplo de Maxime de Zeeuw. O Betis seguiu tentándoo sen poder en ningún momento cun  robusto Monbus Obradoiro.