O Club Monbus súmase ao Black Friday
A febre do Black Friday chega a Monbus cunha nova promoción a través do Club Monbus. Por cada compra online de billetes realizada durante o venres 29 de novembro na web de Monbus, os membros do club recibirán o dobre de monbuses dos que recibirían normalmente. É dicir, de forma exclusiva, as súas monbuses multiplicaranse por dúas!
Os usuarios poderán aproveitar a ocasión para planificar as súas próximas escapadas ou preparar esa viaxe que tanto estaban a esperar. Unha aventura que multiplica os monbuses!
Ademais, cos monbuses acumulados na súa conta os viaxeiros poderán conseguir descontos nas súas viaxes e acceder á nova sección de premios. Nela poderán conseguir agasallos, produtos exclusivos e experiencias únicas con partners da altura do Atlético de Madrid, o Monbus Obradoiro ou InterRías, entre outros.
Os membros máis activos do Club Monbus terán acceso a premios exclusivos como entradas para partidos, camisetas e balóns oficiais, experiencias de viaxe e estancias en hoteis. Unirse ao Club Monbus é rápido, fácil e gratuíto. Os usuarios que queiran aproveitar a promoción do Black Friday poden darse de alta a través da seguinte ligazón. Tras completar o rexistro, xa estaría todo listo para empezar a viaxar e gañar.