Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus presenta os novos híbridos de Alcalá

Monbus incorporou seis novos autobuses híbridos ao servizo de transporte urbano de Alcalá de Henares. Os novos vehículos foron presentados nun acto público no que Monbus participou xunto aos representantes do Concello de Alcalá e do Consorcio Rexional de Transportes da Comunidade de Madrid. 

Na presentación, o director xeral de Monbus, Javier Cuesta, resaltou que a frota que presta o servizo de transporte urbano en Alcalá de Henares é unha das máis modernas da Comunidad de Madrid. Integrada por 58 vehículos cunha media de menos de 4 anos de antigüidade, é unha frota actualizada aos novos tempos e totalmente accesible ao conxunto da poboación  alcalaína.  

Pola súa banda, o alcalde de Alcalá de Henares, Javier Rodríguez Palacios, quixo agradecer a Monbus o seu continuo investimento en renovar a frota e por facelo cunha clara orientación de sustentabilidade ambiental, reducindo as emisións duns vehículos que están continuamente transitando pola cidade. 

Estes seis vehículos que xa están a funcionar nas rúas da cidade supoñen un aforro de combustible do 8,5% respecto a o seu predecesor e producen menos emisións de gases e partículas. As novas incorporacións, xunto aos 17 vehículos de gas que xa formaban parte da frota, fan que os veciños de Alcalá de Henares gocen dun servizo eficiente e sustentable.