Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Monbus Obradoiro derrota ao BAXI Manresa

O Monbus Obradoiro alzouse cunha importante vitoria a domicilio (79-85) na cancha do BAXI Manresa. Un triunfo vital cun rival directo na clasificación que non soubo recuperarse dos seus erros co balón. 

O partido empezou con Mike Daum adiantando ao Monbus Obradoiro. Á festa sumáronse Calloway, cun triplo, e  Kravic, cun 2+1, para abrir a primeira brecha no marcador. Os locais buscaron en  Ferrari ao seu revulsivo, aínda que o seu equipo  non se recuperou completamente do golpe xa que o Obra seguiu por diante. 

No segundo cuarto, o Monbus Obradoiro logrou a súa máxima diferenza con 13 puntos. O adestrador local, Pedro Martínez, pediu tempo morto para reorganizar aos seus xogadores conseguindo sacalos do letargo e empatar o partido grazas a un parcial de 16-3. Un triplo nos últimos segundos deixou o marcado a favor dos locais ao descanso (42-41). 

O  BAXI Manresa volveu ao partido máis conectado e da man de  Toolson, logrou ampliar a súa vantaxe. Foi entón cando a defensa local comezou a perder fol, á vez que o Monbus Obradoiro melloraba a súa puntería. Un parcial de 2-15 volveu poñer aos composteláns á cabeza, pechando o cuarto cun favorable 62 a 68. Tras uns primeiros compases de  arreón local, o Monbus Obradoiro aproveitou os erros do seu rival e sacou todo o mollo aos balóns perdidos dos  manresanos. Na recta final  Kravic erixiuse como o heroe anotador do Obradoiro para deixar sentenciado o partido e a terceira vitoria da tempada.