Urbanos de Lugo presenta dous novos vehículos
Urbanos de Lugo e o Concello de Lugo presentaron esta mañá os novos vehículos da súa frota. Trátase de dous autobuses Mercedes- Benz Citaro K que desde mañá circularán polas rúas da cidade.
Na presentación, a directora de márketing de Monbus, Alba López, salientou a aposta pola mobilidade urbana e a conservación do medio ambiente que Urbanos de Lugo fai coa renovación da frota. Todo para que os viaxeiros poidan gozar dun medio de transporte eficiente, económico e descongestionante para o tráfico da cidade.
O Tenente de Alcalde e responsable da área de Movilidad e Infraestruturas Urbanas do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, tomou tamén a palabra para poñer en valor a incorporación dos novos vehículos ao servizo de transporte urbano da cidade.
Un mellor servizo
Os novos vehículos levan incorporadas numerosas funcionalidades que servirán para ofrecer un mellor servizo aos usuarios. Tamén son máis respectuosos co medio ambiente, xa que reducen as súas emisións de gases nun 75,3% e a emisión de partículas un 85,3%, en referencia ao esixido pola norma Euro 6.
Coa accesibilidade como bandeira, os novos vehículos incorporan rampla eléctrica e manual, ademais de espazo para 2 PMRSR. En materia de seguridade, están equipados con alcolock, luces de xiro e sistema antivuelco, entre outros elementos. Así mesmo, permitirán aos usuarios estar sempre conectados nas súas viaxes grazas á conexión Wifi e o cargadores USB integrados.
Urbanos de Lugo segue cumprindo así cos máximos estándares de calidade, ofrecendo unha frota moderna, completamente accesible e sempre conectada.
O acto de presentación serviu tamén para dar a coñecer a que será a nova imaxe de Urbanos de Lugo, cun logo e unhas cores totalmente renovadas. O vermello será agora o protagonista nos autobuses, xunto á silueta da muralla que adorna os laterais.