Modificacións nas saídas desde Barcelona
Os servizos de longo percorrido con saída desde Barcelona están a verse afectados polas circunstancias especiais que concorren estes días na cidade. Todo iso, xunto á convocatoria de folga xeral para este venres 18 de outubro, alterou o funcionamento das diferentes liñas.
Por unha banda, as saídas do xoves 17/10 realizaranse da seguinte maneira:
• Barcelona – Pontevedra das 21:45h: sae desde Sants e terá que esperar a viaxeiros de Barcelona Nord e San Andrés.
• Barcelona – Irún das 22:05h: sae desde Barcelona Nord e colle tamén os viaxeiros con destino Pontevedra ata Sants.
Doutra banda, as saídas dos servizos durante o venres 18, sábado 19 e domingo 20 realizaranse desde Sants e poden producirse atrasos ao ter que esperar a viaxeiros procedentes de Barcelona Nord.
Así mesmo, todas as expedicións con chegada a Barcelona desde o xoves 17 ata o domingo 20 de outubro finalizarán o seu percorrido na Estación de Sants.
Para obter máis información sobre os servizos, os usuarios poden escribir ao email info@monbus.es, chamar por teléfono ao 982 29 29 00, ou contactando a través das redes sociais (Facebook, Twitter, e Instagram).