Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Un Gastropuente con moito sabor

A quen se lle ocorre un plan mellor que uns días de escapada para gozar da mellor gastronomía? E que mellor ocasión que a próxima ponte do Día de Todos os Santos para levalo a cabo? Dúas preguntas e unha soa resposta, Monbus! 

Este 1 de novembro, Monbus é o compañeiro de viaxe ideal para percorrer os mellores destinos e degustar os pratos máis típicos nos seus singulares recunchos gastronómicos.  

Os clásicos nunca fallan 

Neste roteiro gastronómico, San Sebastián  é parada obrigatoria e o bacallau ao pil pil o seu prato con máis tradición. Na súa elaboración empréganse catro ingredientes principais (bacallau, aceite de oliva, allo e  guindillas) que se xuntan nunha cazola de barro. 

Para os amantes dos produtos do mar, Vigo tamén é un destino referencia. Na cidade olívica pódese degustar o exquisito polbo á galega, un prato tradicional de Galicia elaborado con polbo cocido que se adereza con sal, aceite de oliva e pemento. Unha delicia. 

Algo máis contundente para o estómago é o cocido madrileño, un dos pratos máis representativos da cociña de Madrid. Consiste nun guiso cuxo ingrediente principal son os garavanzos, acompañados de verduras, touciño de porco, carnes e embutidos. Un bo aliado para os días máis fríos do outono. 

Onde manda o enxebre 

Se o plan é coñecer o mellor de Salamanca, probar as patacas revolconas ten que estar no check- list de cousas pendentes. Igual que a botifarra amb mongetes da cociña máis tradicional se eliximos  Barcelona como destino ou o bacallau ao ajorriero que, aínda que a Pamplona o mar queda un pouco lonxe, é unha receita que nunca falta nos menús da cidade navarra. 

Todos estes pratos estrela da gastronomía popular agrupan numerosos ingredientes que combinan perfectamente nunha explosión de sabor e cor para facer de cada un deles unha auténtica delicia para o padal. Coas opcións sobre a mesa, agora só queda elixir a mellor compañía para compartir a viaxe.