O Río Natura Monbus organizará a Copa do Rei
A Coruña será a sede oficial da Copa do Rei 2016 de baloncesto e o Río Natura Monbus Obradoiro, equipo patrocinado por Monbus, será o anfitrión neste trascendental evento deportivo a nivel nacional.
Tras a firma do acordo entre a Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB) e o alcalde coruñés, Carlos Negreira, a cidade de A Coruña convértese, tras 23 edicións celebradas fóra de Galicia, na próxima localidade galega en albergar a esperada competición.
Raúl López, Presidente do Obradoiro CAB e de Monbus indicou que este torneo, que se celebrará entre os días 18 e 21 de febreiro do 2016, é “un paso decisivo” para consolidar o proxecto social e deportivo do club e do que “Galicia enteira está de noraboa”. Destacou en primeiro lugar a colaboración das Institucións, do Concello da Coruña, na persoa do alcalde, co apoio da Deputación da Coruña e Xunta de Galicia: e en segundo lugar, do Consello de Administración do Club, que conseguiu “cunha forma de xestionar seria e humilde e moito traballo, xuntar unha serie de vontades que van dotando ao proxecto Obradoiro de viabilidade e permanencia no tempo”. Raúl López tamén tivo palabras de agradecemento á masa social do club, á que considera “mellor afición de España” e grande artífice dos éxitos conseguidos ata agora.