Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Modificación de horarios na XG540

O vindeiro luns 7 de outubro entrarán en vigor as modificacións horarias acometidas na XG540 que conecta Ferrol e Cedeira.Os cambios obedecen, principalmente, a un aumento de expedicións para diferenciar os servizos en período lectivo e non lectivo.

Así, liña Ferrol – Castro – Vilaboa sufrirá un pequeno cambio en ambos os sentidos. Na ida a expedición actual das 13:10h de luns a venres aplicarase só a días non lectivos e crearase unha nova expedición ás 12:45h para os días lectivos. Da mesma forma, na volta a expedición das 07:25h realizarase en días non lectivos e a de nova creación, ás 07:25h, circulará en días lectivos. Ademais, nesta liña crearase unha nova parada no I.E.S.  As  Telleiras.

Pola súa banda, na liña Ferrol – Meirás – Cedeira a expedición xa existente de luns a venres ás 14:45h aplicarase a días lectivos e crearase unha nova saída ás 14:30h para os días non lectivos.
A maiores, crearanse dúas novas liñas:

Lago - Ferrol: contará cunha expedición ás 07:45h, de luns a venres lectivos.

Ferrol - Porta do Sol: contará cunha expedición ás 14:15h, de luns a venres lectivos.

Toda a información sobre os novos horarios está dispoñible na seguinte ligazón.

Se desexas consultar máis información sobre os servizos, os usuarios poden escribir ao email info@monbus.es, chamar por teléfono ao 982 29 29 00, ou contactando a través das redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram).