Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus reforza o seu compromiso ambiental

A protección da contorna e a loita contra o Cambio Climático son dúas metas inamovibles na folla de roteiro que Monbus leva seguindo desde hai anos. Baixo este pretexto, Vibasa e Maldeasa, empresas adheridas a Monbus, acaban de superar a auditoría de verificación segundo o Regulamento 1221/2009 ( EMAS III), un modelo de excelencia para a xestión ambiental. 

A aplicación deste Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Ambientais (segundo as súas siglas en inglés) vén reforzar o compromiso que Monbus mantén co medio ambiente. Mediante este recoñecemento,  Vibasa e  Maldeasa son as primeiras de entre as empresas adheridas a Monbus en dispoñer dun sistema de xestión avanzado que demostrou a súa eficacia na mellora do comportamento a nivel ambiental das organizacións. 

Coa verificación EMAS, as empresas evidencian un maior rigor no cumprimento da lexislación vixente en materia de medio ambiente e unha maior implicación na mellora do desempeño ambiental. Tamén se fomenta unha maior transparencia, dado o requisito adicional de publicación periódica de información sobre esta temática