Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

A viaxe cara a unha frota sustentable

Hai 11 anos, Monbus obtiña os seus primeiros certificados ambientais baixo a referencia internacional UNE-EN ISO 14001 e, desde entón, non cesou no seu empeño de implantar unha estratexia baseada na redución dos impactos ambientais propios da súa actividade. Con ese obxectivo en mente, foi actualizando a súa política de compra de vehículos para facela máis sustentable e adaptada a esta nova realidade.

33 millóns de pasaxeiros viaxaron con Monbus no último ano, realizando máis de 56 millóns de quilómetros nunha frota cada vez máis eficiente. Para iso, Monbus ten en marcha un proceso constante de renovación que pasa principalmente pola adquisición de novos vehículos e a retirada dos máis lonxevos.

En concreto, en 2018 Monbus adquiriu 103 novos autobuses, entre os que destacan as unidades híbridas e de gas natural destinadas aos servizos urbanos. Ademais, entre todo este volume de incorporacións, atópanse 90 autocares que cumpren co normativa EURO VI, a máis esixente en canto ás emisións producidas polos vehículos. Desta forma, o 44% da frota de Monbus atópase xa adaptada a esta normativa ambiental.

Mención á parte merecen os diferentes servizos de transporte urbano operados por Monbus, que contan xa con autobuses das categorías máis eficientes do mercado. Destacan principalmente os dous King Long E10 que circulan por Talavera de la Reina e o Mercedes- Benz Sprinter City Line 519 que transita por Alcalá de Henares, todos eles híbridos. Na localidade madrileña concentran tamén o 80% do parque de vehículos GNC impulsados por gas natural co que Monbus conta na actualidade.

Ademais de centrar os seus esforzos no respecto ao medio ambiente, os autobuses de carácter urbano de Monbus sobresaen pola súa total accesibilidade ao estar todos os vehículos equipados con elementos que permiten o acceso ao servizo a todos os públicos. Os usuarios de Monbus poden así gozar dun transporte público máis limpo, sustentable e adaptado.