O Grobus vólvese a poñer en marcha
Un verán máis volve o Grobus. Por quinto ano consecutivo o autobús turístico percorrerá toda a península de O Grove consolidándose coma unha referencia para os desprazamentos tanto durante o día coma pola noite.
O seu percorrido será circular: comezará na Estación de Autobuses grovense e pasará por San Vicente do Mar cara A Toxa antes de volver ao punto de partida. As súas frecuencias regulares ao longo de todo o día (02:00, 04:00, 06:00, 09:00, 10:30, 12:00, 15:00, 16:30, 18:30, 20:30, 22:00, 23:00 y 00:00) fan que se converta no medio de transporte ideal para vivir o verán da mellor maneira sen necesidade de coller o coche.
Os boletos pódense comprar a bordo do propio autobús (1,40€) e a un prezo bonificado (1€) nos diversos establecementos colaboradores de Empresarios Grovenses de Bens e Servizos (Emgrobes), promotor da iniciativa.
Ir á praia ou desfrutar dos plans nocturnos xa non será un rompecabezas. Co Grobus será todo máis doado, sen ter que dispor do vehículo particular e evitando así problemas de tráfico e de aparcamento tan comúns na temporada estival.