Monbus continuará apoiando ao CB Igualada
O equipo de Jordi Martí volverá desputar a Liga EBA catalá, grupo C, despois de protagonizar unha tempada histórica chea de vitorias que lle permitiron xogar a fase de ascenso, na que finalmente o equipo quedouse ás portas, no último partido, de poder alcanzar a LEB Prata.
Cleto Vázquez xerente de Hispano Igualadina (Monbus), reuniuse co presidente do CBI, Jordi Balsells, e a vicepresidenta do clube, Neus del Río, para firmar o acordo de patrocinio para a tempada que vai comezar.
O obxectivo do CB Igualada é situarse nas primeiras posicións para repetir a xesta do play off de ascenso que tanto fixo vibrar á afición a primaveira pasada. Xunto ao equipo senior masculino, actualmente conviven no clube máis de 300 deportistas entre os seus 25 equipos e a Escola de Baloncesto.
Con esta colaboración, Monbus mantén a súa aposta polo mundo do deporte en xeral e do baloncesto en particular, un compromiso no que sobresae a gran experiencia co Monbus Obradoiro da Liga ACB.