Monbus, da man dos mellores proveedores
Á hora de ofrecer un servizo de calidade centrado na satisfacción e comodidade dos usuarios é esencial rodearse dos mellores compañeiros de viaxe. De que os vehículos de Monbus se encontren en perfecto estado e cas mellores prestacións sempre a punto encárgase Talleres La Campiña, taller responsable do mantemento integral da súa frota. Con máis de 30 anos de experiencia acreditada no sector, Talleres La Campiña conta na actualidade cunha plantilla integrada por máis de 60 persoas en distintos puntos do territorio nacional e está en posesión de destacadas certificacións como a UNE-EN ISO 14001 en Xestión Ambiental, a UNE 66102 para a certificación como centro autorizado de tacógrafos e distintas autorizacións de numerosos fabricantes de vehículos industriais.
Ademáis de ser un referente no mantenimiento de frotas, Talleres La Campiña o é taménna aposta pola Formación Profesional Dual para que os alumnos combinen a súa presenza no centro educativo co aprendizaxe na empresa. Esta iniciativa, que xa estaba en funcionamento nos seus centros de Pontevedra e Cataluña, agora abre as súas portas tamén aos alumnos do CIFP As Mercedes de Lugo trala firma dun novo convenio coa Consellería de Educación.
A presentación do documento tivo lugar esta mañá nas instalacións de Talleres La Campiña coa presenza de Agustín Valcarce, xerente da entidade; Joaquín Expósito, director do CIFP As Mercedes; e Ángel Sánchez, secretario do centro. Os tres fixeron fincapé na necesidade de que se leve a cabo este tipo de formación, compaxinando as actividades das aulas co traballo diario nas distintas empresas, dada a crecente escasez de profesionales neste campo. En total, serán 14 alumnos repartidos en diferentes áreas os que se beneficien dunha formación moito máis completa e profesionalizada