Monbus reforza as súas liñas durante o verán
A tempada estival está a piques de comezar. Coa chegada do verán Monbus poñerá en marcha unha ampliación dos seus servizos de longo percorrido para que, a partir do 1 de xullo, os seus usuarios poidan empezar a gozar desta época do ano. A costa mediterránea, o norte peninsular ou as Rías Baixas sitúanse como destinos estrela en xullo e agosto para planear con Monbus unhas merecidas vacacións.
Para coñecer os encantos dunha cidade como San Sebastián, os usuarios teñen á súa disposición varias liñas diariamente con expedicións desde Galicia, con Pontevedra, Vigo e Ourense como principais puntos de partida, e Barcelona e Salou na vertente máis mediterránea.
Na Costa Dourada, os quilómetros de praia de Salou son un reclamo ante o que calquera viaxeiro cae rendido. Para chegar ata os seus areais Monbus ofrece roteiros desde Pamplona, Tudela ou Logroño con saídas regulares concentradas principalmente na fin de semana.
Pola súa banda, Barcelona ofrece unha infinidade de posibilidades para todo tipo de plans. A cultura, o lecer e, por suposto, o sol e a praia son os seus grandes estandartes. Ata a Cidade Condal pódese chegar con Monbus cada día desde Pontevedra, Salamanca ou San Sebastián, entre outras orixes.
No outro extremo territorial, Vigo é tamén un excelente destino para ese descanso estival tan esperado. A cidade olívica ten conexións diarias (fóra dos sábados) desde Barcelona e Irún, roteiros que tamén atravesan outros lugares de relevancia como Zaragoza ou Bilbao.
Calquera usuario que necesite utilizar os servizos de Monbus, pode solicitar sobre a información por teléfono (982.29.29.00), email (info@monbus.es) ou a través das redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram).