Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus adhírese ao Programa Incorpora

Monbus asinou un convenio de adhesión ao Programa Incorpora de "la Caixa" para promover a integración sociolaboral de persoas en risco de exclusión social. O seu obxectivo é axudar ás persoas en situación de vulnerabilidade para que accedan a un emprego acorde coas súas aptitudes e motivacións.

Este acordo reflicte o compromiso de Monbus coas persoas e reforza os estándares de igualdade, sen discriminación por razóns de sexo, raza, idade ou calquera outra condición nas que se basea a súa política de contratación. Con esta colaboración, o compromiso de Monbus pasa fundamentalmente por favorecer a contratación de colectivos vulnerables.

Á firma do convenio asistiron os responsables de Recursos Humanos de Monbus, Leandro Arruti e Carmen Cayuela; o director do departamento de integración sociolaboral da Fundación Bancaria "la Caixa", Jaume Farré; e o coordinador do programa Incorpora Galicia, Carlos Rosón, nun acto celebrado na sede central de Monbus en Lugo.

Máis oportunidades

Incorpora naceu no ano 2006 co obxectivo de establecer pontes entre as empresas e as entidades sociais que se dedican á integración laboral para crear un clima de colaboración e oportunidades para aqueles que máis o necesitan. A iniciativa está dirixida a colectivos como persoas con discapacidade, mozas en risco de exclusión, inmigrantes, exreclusos, vítimas de violencia de xénero e parados de longa duración.

Incorpora ofrece ás empresas un servizo gratuíto de asesoramento e acompañamento en accións de responsabilidade social, neste caso centradas na integración laboral de persoas en situación de vulnerabilidade.

Durante o ano 2018, Incorpora de ”la Caixa” facilitou preto de 31.000 insercións laborais a persoas en risco ou situación de exclusión grazas á colaboración de máis de 11.000 empresas españolas.