Monbus inicia a súa ruta de grandes festivais
Arrinca a tempada de festivais e como patrocinador e provedor dos servizos de transporte discrecional grazas á súa colaboración con DeFestivales, Monbus encargarase de levar a miles de usuarios desde diversos puntos da península ata o parking privado de cada recinto.
A ruta de festivais arrincará esta fin de semana en Villarrobledo (Albacete) para asistir ao Viña Rock. Esta primeira parada musical prolongarase do 2 ao 4 de maio e reunirá a miles de persoas amantes do rock.
Tras un arranque que seguro será espectacular, a ruta continuará cara ao sur onde lle espera o Interestelar Sevilla os días 24 e 25 de maio con Vetusta Morla, Iván Ferreiro ou Rozalén como pratos fortes.
Achegándose ao verán, chegará o Festival de Les Arts. Fangoria, Amaia, La M.O.D.A ou Sofía Ellar serán algúns dos protagonistas musicais o próximo 7 e 8 de xuño en Valencia.
A continuación chegará unha das citas máis importantes do panorama nacional e internacional. O Arenal Sound celebrará do 30 de xullo ao 4 de agosto o seu décimo aniversario con Martin Garrix, Thirty Seconds to Mars, Karol G ou Morat como principais reclamos.
O peche aos meses máis festivaleros poñerao Madrid Salvaje o 4 e 5 de outubro, un novo festival que contará con artistas de varios estilos urbanos. Natos e Waor, C Tangana, Beret ou Don Patricio encabezarán o cartel. A festa e a diversión están aseguradas na #RutaMonbusFest.