Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Así se vive a #experienciaMonbus

Monbus, autobús oficial do Atlético de Madrid, puxo en marcha un concurso para que os seus usuarios poidan sentirse como uno máis do equipo branquivermello grazas a un premio moi especial: poderán coñecer en persoa aos xogadores colchoneiros, facer un percorrido por Madrid no autobús oficial do primeiro equipo e realizar o circuíto polo Wanda Metropolitano.  

Para participar, os usuarios deberán rexistrarse no Club Monbus e responder correctamente a unha sinxela pregunta que atoparán entre as actividades presentes na plataforma. Así entrarán no sorteo dunha das 20 prazas dobres dispoñibles. O prazo para participar termina o vindeiro luns 6 de maio. 

Unha auténtica #experienciaMonbus  

Os gañadores do concurso vivirán unha experiencia inesquecible que comezará cunha visita guiada polo Wanda Metropolitano para coñecer todos os segredos da nova casa branquivermella. Os afortunados poderán revivir a historia do Atlético de Madrid a través de momentos inesquecibles, camisetas de lenda e grandes títulos que adornan o museo. Ademais, poderán sentirse como un xogador máis do equipo visitando o espectacular vestiario e o túnel de saída ao céspede do maxestuoso estadio colchoneiro. Por último, poñeranse na pel de Griezmann, Koke ou Saúl ao pasar pola zona mixta e a sala de prensa para completar a visita.  

A continuación, subirán ao autobús oficial do Atlético de Madrid e farán un percorrido pola capital para coñecer lugares icónicos da afección branquivermella como a emblemática fonte de Neptuno, onde o Atlético de Madrid celebra os seus títulos. Esta viaxe polo centro de Madrid terá como destino a Cidade Deportiva Wanda para presenciar un adestramento do primeiro equipo ás ordes do Cholo Simeone.  

As sorpresas non acaban aí xa que aínda lles espera o prato forte. Ao acabar a sesión preparatoria, gozarán dun exclusivo meet& greet cos xogadores do Atlético de Madrid