Monbus celebra o día de Sant Jordi
Este 23 de abril, Cataluña celebra o día do seu patrón Sant Jordi cunha festa na que a cultura e a literatura teñen un papel protagonista, debido á súa coincidencia co Día Internacional do Libro.
Monbus tamén quixo formar parte da celebración desta xornada tan especial e por iso preparou un autobús vinilado co dragón, o libro e a rosa como elementos principais. Os viaxeiros que se atopen con el, poderán cazar ao dragón coa cámara do seu móbil e logo subir as súas fotos ao Club Monbus para participar no sorteo de billetes de ida e volta para os destinos nacionais de Monbus. O vehículo xa leva circulando varios días por Barcelona e seguirá coa súa caracterización durante as próximas semanas para que os usuarios teñan máis oportunidades de poder fotografalo.
No día de Sant Jordi as rúas énchense de xente que pasea entre postos de libros e rosas. Todos buscan un obsequio para esa persoa que tanto queren, pero un día tan especial merece un agasallo diferente. Por iso Monbus preparou para os seus viaxeiros unha nova forma de regalar unha rosa. Grazas a unha plantilla, o usuario poderá crear a súa propia rosa personalizada en cuestión de poucos minutos. Ademais, tamén quedará cun marcapáxinas deseñado para a ocasión.
Como axuda no proceso de creación está dispoñible na canle de Youtube de Monbus un videotutorial con todos os pasos para que a rosa quede perfecta. Un detalle único e orixinal para sorprender dunha forma inmellorable nesta xornada de festexos.