Monbus implanta un Código Ético e de Conduta
Monbus implantou na súa organización empresarial un Código Ético e de Conduta que reflicte as directrices de actuación que deberán seguir todos os empregados, directivos e colaboradores das distintas empresas que integran o grupo.
O documento baséase en dez valores esenciais: profesionalidade, honestidade, compromiso social e ético, respecto da contorna e o medio ambiente, orientación ao cliente, calidade e eficiencia, competitividade, innovación e modernización, seguridade e coordinación con outros axentes do sector.
Como parte de esencial das súas políticas e programas de mobilidade, Monbus suxeita todas as súas actuacións aos máis rigorosos estándares de calidade, que prioriza en función da seguridade das persoas, o respecto á contorna e a prestación dun servizo igualitario e socialmente xusto.
Así mesmo, promove a profesionalidade e a responsabilidade de todo o seu persoal, de quen espera unha adecuada conduta ética, atenta á dignidade e aos dereitos das persoas, que respecte a legalidade, a lealdade, a confidencialidade e o compromiso. Para iso, ten a disposición de todo o persoal unha serie de pautas de actuación en caso de conflitos de intereses, así como regras orientadas a diferenciar entre a súa condición laboral e a persoal no uso dos recursos da empresa e as redes sociais.
Monbus tamén defende, e así o manifesta no documento, a igualdade de oportunidades, a prevención de riscos laborais, a conciliación da vida familiar e laboral ou a formación continua, á vez que rexeita calquera forma de discriminación.
Ademais, conta cunha política de tolerancia cero á corrupción. O Código Ético e de Conduta inclúe un amplo apartado no que se analizan situacións concretas e toma medidas estritas en materia de agasallos e invitacións, actividades políticas ou asociativas, cobros e pagos en efectivo, conflitos de interese ou publicidade enganosa, entre moitas outras.
E para que este extenso documento non quede unicamente escrito nun papel, Monbus puxo a disposición dos seus empregados e de todas as persoas coas que se relaciona unha canle responsable na súa páxina web. A través desta ferramenta poderanse comunicar, de forma segura, aqueles comportamentos contrarios á norma conductual dos que se poidan derivar responsabilidades para a organización. Estas comunicacións serán tratadas de forma confidencial pola Comisión Ética e de Cumprimento de Monbus.