Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Monbus Obradoiro cae ante o Real Madrid

Monbus Obradoiro non puido facerse coa vitoria na súa visita ao Wizink Center, onde caeu ante o Real Madrid por 94 a 70. A pesar da ampla vantaxe final, o conxunto dirixido por Moncho Fernández foise coa cabeza alta despois de pelexar ata o final ante o todopoderoso conxunto branco.

Xa desde o inicio o Monbus Obradoiro mostraría a que sería o seu mellor arma no partido, o triplo. Ben SimonsKyle Singler foron os encargados de abrir a billa anotando os dous primeiros dos seis triplos que o seu equipo convertería no primeiro cuarto (20-22).

O encontro seguiu por un camiño igualado no que as diferenzas no resultado eran mínimas. Tan só un tiro de tres de Rudy Fernández nos últimos compases evitou que o Monbus Obradoiro se fose ao descanso por diante no marcador (45-43).

Á volta de vestiarios, os visitantes parecían saír enchufados despois de que Ben Simons aparecese de novo desde o triplo para abrir o tanteo. Foi un espellismo. A partir de aí, os madridistas decantaron o partido ao seu favor cun gran parcial (71-56).

O Real Madrid pisou o acelerador e o Monbus Obradoiro respondeu cun intento por recortar distancias. Con todo, o desacerto no tiro e a defensa branca cortaron a reacción. Maxime de Zeeuw protagonizou a ofensiva obradoirista con 10 puntos no último cuarto.

Tras o desprazamento a Madrid, a Liga Endesa volve esta semana ao Multiusos Fontes do Sar. O Montakit Fuenlabrada visita Santiago (sábado 20 de abril ás 20:30 horas) nun duelo crave pola permanencia.