Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus reforza os seus servizos en Semana Santa

As liñas de longo percorrido de Monbus reforzarán os seus servizos entre o 12 e o 22 de abril para que os usuarios poidan moverse con comodidade e gozar en plenitude da Semana Santa.

Para estes días de celebracións, Monbus ofrece aos seus viaxeiros centos de destinos nos que teñen cabida todo tipo de plans. Que mellor opción que desconectar na praia da Barceloneta ou na posta de sol de Fisterra? Catar os mellores petiscos de San Sebastián ou os plans culturais de Salamanca son tamén unha boa alternativa.

O obxectivo é aproveitar ao máximo a viaxe e por iso Monbus amplía os seus servizos para ofrecer máis frecuencias e expedicións entre os principais destinos nacionais:

• San Sebastián - Barcelona: existen dúas saídas diarias desde San Sebastián (07:15h e 23:15h) que suman unha terceira de luns a xoves (13:40h) ou os venres e os domingos (15:40h). O mesmo ocorre na volta, xa que desde Barcelona haberá dúas expedicións diarias (08:45h e 22:05h) que serán tres de luns a venres e os domingos (14:40h).

• Pontevedra - Irún: para viaxar ata a urbe vasca os usuarios poderán facelo ás 18:50h de luns a xoves e os domingos e ás 20:00h os venres. Cara a Pontevedra, o autobús sairá diariamente ás 20:00h, fóra dos sábados.

• Barcelona - Salamanca: desde a capital catalá haberá unha expedición diaria ás 08:45h para viaxar ata Salamanca. Na volta, a saída desde a cidade  castellanoleonesa será ás 10:00h (de luns a xoves e sábados) ou ás 20:30h (venres e domingos).

• Salou - Irún: o autobús cara ao País Vasco partirá desde Salou ás 15:40h de luns a venres e os domingos, mentres que os sábados a saída será ás 09:15h. Pola súa banda, os viaxeiros que queiran visitar a Costa Dourada poderán coller o autobús que sairá cada día desde Irún ás 06:45h.

• Vigo - Barcelona: entre estas dúas cidades haberá unha conexión que circulará todos os días da semana menos os sábados. Desde Vigo, a saída realizarase ás 15:30h mentres que desde a Cidade Condal a viaxe arrincará ás 21:45h.

Calquera usuario que necesite máis información acerca da ampliación de servizos para este período, pode contactar por teléfono (982.29.29.00), email (info@monbus.es) ou a través das redes sociais (FacebookTwitterG+ e Instagram).