Monbus únese ao protocolo de paradas seguras
Monbus acaba de sumarse voluntariamente ao protocolo de paradas seguras en todas as liñas de autobús interurbanas nas que opera en Galicia para o Servizo de Transporte Regular de Viaxeiros por estrada da Xunta de Galicia.
Con esta iniciativa, as mulleres, os menores de idade, persoas xubiladas que viaxen soas ou con algunha discapacidade poderán solicitar ao condutor do autocar que, entre as 22:00 e as 07:00 horas, realícense paradas para baixar do autobús fóra dos puntos especificamente previstos na liña. Os usuarios que así o desexen deberán facer a petición no momento de subir ao vehículo e os puntos de parada terán que estar situados no itinerario da propia ruta, xa que os autocares non poderán desviarse por itinerarios non previstos.
O condutor realizará así unha parada no punto solicitado polo usuario ou nun lugar máis próximo posible no caso de que se dean circunstancias de seguridade viaria que desaconsellen parar nese punto exacto. A baixada do autobús nestes casos realizarase pola porta dianteira salvo que a persoa que solicite a parada indique o contrario.
A posta en marcha deste novo servizo será efectiva desde este 8 de marzo, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional da Muller. A adhesión voluntaria de Monbus a este protocolo de paradas seguras pretende favorecer e incrementar as garantías de seguridade de determinados colectivos en horario nocturno.