Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Monbus Obradoiro fai historia en Valencia

O Monbus Obradoiro engadiu un novo fito á súa historia coa súa primeira vitoria na pista de Valencia Basket (87-94). O conxunto santiagués asaltou a Fonteta por primeira vez na Liga Endesa grazas a unha gran segunda parte na que tivo que remontar para levar o noveno triunfo da tempada.

Os locais saíron coa puntería afinada e iso permitiulles tomar a iniciativa nos primeiros instantes de partido. A resposta chegou da man de Simons e Hlinason, encargados de soster o ataque do seu equipo nuns minutos de pouco acerto (21-14).

Kostas Vasileiadis apareceu entón na súa mellor versión. O grego foi, xunto a David Navarro, o encargado de desmantelar a defensa valencianista para que o Monbus Obradoiro marcháse ao intermedio coas súas opcións intactas (46-39).

Á volta de vestiarios, o Valencia Basket saíu disposto a romper o partido pero o conxunto obradoirista non llo permitiu. Brodziansky enchufouse e Vasileiadis acompañouno nunha dupla atacante que aos poucos foi reducindo unha vantaxe que chegou a ser de doce puntos (68-64).

O propio Brodziansky abriu o último cuarto cun triplo que sementou as dúbidas no cadro local e igualou as forzas definitivamente. Primeiro Pepe Pozas e despois un triplo de David Navarro colocaron pouco despois por diante ao  Monbus Obradoiro. O xogador catalán ampliou a distancia posteriormente cunha canastra case definitiva antes de que o partido resolvésese desde o tiro libre nos últimos compases.

Tras o parón pola Copa do Rei e as xanelas FIBA, o Monbus Obradoiro afrontará o seu seguinte compromiso o próximo 2 de marzo ás 18:00h no derbi galego ante o Cafés Candeas Breogán.