O Monbus Obradoiro imponse a UCAM Murcia
O Monbus Obradoiro xa ten no peto a oitava vitoria da tempada tras impoñerse a UCAM Murcia por 91 a 79 no Multiusos Fontes do Sar. O conxunto compostelán conseguiu prolongar a boa serie de resultados ante a súa afección e mantense na zona media da clasificación.
O encontro arrincou cos dous equipos erráticos no tiro, aínda que pronto empezaron a ver o aro con facilidade. Kostas Vasileiadis y Albert Sàbat espertaron ao público cos seus triplos e os locais pecharon o primeiro cuarto con vantaxe (23-20).
Os murcianos subiron a intensidade no segundo parcial para lograr recortar a diferenza que o Monbus Obradoiro tiña no marcador. Antes de chegar ao descanso, os visitantes chegaron a igualar o resultado pero nun arreón ofensivo, os de Moncho Fernández escapáronse de novo (48-41).
O encontro seguiu co mesmo guión tras a continuación. O Monbus Obradoiro contrarrestaba os intentos de UCAM Murcia por recortar distancias cunha boa defensa e un acertado ataque. Así chegou a gozar dunha vantaxe de dez puntos que se esfumó rapidamente (65-61).
O empate a 67 que reflectía o marcador nos primeiros compases do último cuarto facía presaxiar un final de partido emocionante, pero o Monbus Obradoiro non o permitiu. Ben Simons e David Navarro apareceron desde o triplo nos momentos decisivos e deron aire ao seu equipo. Nos minutos finais o conxunto obradoirista gozou e o oitavo triunfo da tempada quedou en casa.