O Río Natura Monbus gaña en casa ao FC Barcelona
O Río Natura Monbus Obradoiro conseguiu unha nova victoria ante o FC Barcelona en casa e fronte á súa afición no Multiusos do Sar. O equipo visitante, que viña nunha boa dinámica de resultados tras vencer ao Real Madrid, partía inicialmente como favorito e así o corroborou o marcador durante gran parte do encontro. Despois dunha gran remontada, xestouse de novo o milagre no Multiusos Fontes do Sar, que acabou vencendo por doce puntos de diferenza (79-67) cun Maxi Kleber estelar.
Este foi sen dúbida o mellor partido da tempada para o equipo galego e un gran colofón para despedir un magnífico ano no deportivo.