Servizos especiais para o Entroido
O Entroido está cada día máis cerca e debido a elo Monbus puxo en marcha unha serie de iniciativas dirixidas a facilitar o traslado dos viaxeiros entre Ourense, Xinzo e Verín nas datas clave. Estos días sinalados son o “Xoves de Comadres” en Verín e o “Sábado de Entroido” de Xinzo de Limia. A esta fin realizaranse servizos especiais así coma venda anticipada de billetes na taquilla de Ourense para que os viaxeiros poidan evitar realizar cola o día dos eventos.
Os servizos especiais son:
- 28 de febreiro: Xoves de Comadres Ourense (Estación de Autobuses directo a Verín).
A saída desta expedición especial farase ás 22:00h dende a Estación de Autobuses de Ourense. En canto ao regreso o día 1 de marzo, o usuario dispoñerá de frecuentes saídas a partir das 03:30h.
- 2 de marzo: EntroidoBus Ourense - Allariz - Xinzo de Limia.
O 2 de marzo, ademáis dos servizos habituais con saída dende a Estación de Autobuses de Ourense e parada en Allariz, engadirase un servizo especial ás 23:00h. Pola outra banda, as saídas para o traxecto de volta Xinzo - Allariz - Ourense o domingo 3 terán lugar a partir das 03:30h.
E se prefires ir pola túa conta, Monbus ofréceche a posibilidade de viaxar a Verín ou Xinzo dende cualquera outro punto alugando vehículos con condutor e sen condutor.