Monbus volve á feira turística anual FITUR
O mundo do turismo ten, un ano máis, unha cita ineludible en IFEMA (Madrid), coa celebración da 39ª edición da Feira Internacional de Turismo desde o 23 ao 27 de xaneiro.
Monbus continúa coa súa asistencia ao evento líder sobre turismo do panorama internacional. O stand de Monbus é, coma en edicións anteriores, o C01 do pavillón 8. O seu colaborador, InterRías, comparte o mesmo espazo.
FITUR suma récords de asistencia ano tras ano e para o 2019 prevese un novo incremento. O 2018 deixou grandes datos de participación con 10.190 empresas expositoras de 165 países, 140.120 profesionais do sector e afíns, 110.860 visitantes de público xeral e coa presencia de 7.856 periodistas cubrindo o evento que evidencia a expectación que xera a feira.
Monbus conta no seu stand cun dos modelos de autocar máis impresionantes do mercado, o Neoplan Tourliner C de Man. Un vehículo que destaca polo seu xeneroso sentido do espazo e confort, e polo seu novo e intelixente enfoque da eficiencia grazas ao seu diseño Sharp Cut que permite o aforro de combustible e emisións en cada kilómetro. A súa equipación consta dos últimos avances en tecnoloxía coma no motor Euro 6C de 460cv ou o sistema de información e entretemento de MMC Advanced con navegador e transmisión de navegación ás pantallas dos pasaxeiros, entre outros. A nivel de seguridade, dispón dos sistemas ESP de estabilidade, EBA de asistencia de frenado de emerxencia, LGS de control de mantemento no carril, así coma o Tempomat que posibilita a regulación en función da distancia con outros vehículos na estrada.
Cun diseño e equipamento pensados para que os usuarios disfruten do máximo confort no seu viaxe, as súas butacas están tapizadas en tecidos de alta gama e contan con portos USB en todas elas; ademáis a distribución do vehículo dispón de dous mesas de xogo, neveira, WC e monitores LECD plegables.
No stand de Monbus, calquera visitante pódese informar de forma detallada sobre os servizos ofertados: servizo de liña regular, servizo discrecional e servizo de renting de vehículos.