O autobús, motor verde do transporte rodado
En Monbus mantense desde fai tempo unha firme aposta polo Medio Ambiente e a loita contra o Cambio Climático. Debido a iso, as sociedades máis representativas de Monbus levan xa varios anos calculando as súas Emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (a coñecida como “Pegada de Carbono”) e traballando por reducir estas emisións, todo iso ao amparo da norma ISO 14064.
A pegada de carbono é unha forma de calcular as emisións de gases de efecto invernadoiro que xeran os vehículos. Non falamos so de dióxido de carbono, se non do que se acostuma chamar CO2 equivalente, que é unha forma de englobar a todos os gases que producen o efecto invernadoiro sobre o noso planeta, e que son os culpables do Calentamento Global.
Realizando un simple exercicio de análise das emisións dunha viaxe en autobús e outro viaxe en coche, podemos obter as diferentes Pegadas de Carbono. Por exemplo, unha viaxe de autobús duns 100 km. xera uns 57,4 kilogramos de CO2 equivalente. Se o autocar leva unha ocupación de 55 pasaxeiros as emisións por pasaxeiro son de 1,04 kilogramos de CO2 equivalente. A mesma viaxe realizada nun coche xera uns 18,65 kilogramos de CO2 equivalente, se o turismo leva unha ocupación de 5 pasaxeiros as emisións por pasaxeiro son de 3,74 kilogramos de CO2 equivalente.
Como se pode comprobar, viaxar en autobús é o modo de transporte máis eficiente enerxeticamente e menos contaminante, obtendo un aforro en emisións 3,5 veces maior que nunha viaxe en turismo.