Monbus estrea novos horarios en Talavera
A partir do 1 de xaneiro, Monbus, a través de Urbanos de Talavera, pon en marcha os novos horarios no servizo de transporte urbano da devandita localidade. Con estes cambios búscase proporcionar aos usuarios un mellor servizo, unificando frecuencias en cada liña e proporcionando unha información máis accesible aos talaveranos.
Os usuarios poderán informarse destas modificacións na web de Urbanos de Talavera na sección Liñas e Horarios coa posibilidade de descargarse os horarios de cada ruta. Como parte das melloras, abriu as súas portas a Oficina de Atención ao Cliente, un espazo onde se poderá realizar a compra e recarga de tarxetas de bonos, conseguir os novos folletos informativos ou resolver calquera dúbida sobre o servizo. Está situada en Avenida de Toledo nº10 con horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 de luns a venres, e de 09:00 a 14:00 os sábados.
Para máis información, os usuarios poden contactar a través do número de teléfono +34 925 298 068, vía email ao correo electrónico info@urbanostalavera.com ou a través das redes sociais (Facebook, Twitter, G+ e Instagram).