Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Monbus Obradoiro dobrega ao Estudantes

O Monbus Obradoiro logrou ante Movistar Estudiantes  unha merecida vitoria (91-81), a quinta da tempada, tras un partido que controlou de principio a fin e que tivo un protagonista claro:  Vladimir Brodziansky. O pivote eslovaco terminou o encontro con 27 puntos e 37 de valoración que lle serviron para ser nomeado como mellor xogador da xornada 12, sucedendo así ao seu compañeiro Kostas Vasileiadis que conseguira este recoñecemento na anterior xornada.

Volvía o Monbus Obradoiro a xogar ante a súa afección e as ganas de dar unha alegría quedaron patentes desde o primeiro momento. Con moita intensidade, o xogo dos locais permitiulles dominar os primeiros compases do partido (19-14).

O ritmo seguiu sendo alto no segundo cuarto. A defensa obradoirista foi a base para que despois o acerto desde o triplo rompese o partido en ataque. De tres en tres, Andreas Obst, Ben Simons e Kostas Vasileiadis permitiron ao seu equipo marcharse cunha ampla vantaxe ao descanso (46-30).

Sabedor de que quedaba moito por diante e que o seu rival non tiraría a toalla, o Monbus Obradoiro volveu de vestiarios co obxectivo de conter calquera intento de reacción. Os puntos de Vladimir Brodziansky e Nacho Llovet non só tiraron por terra as opcións visitantes de achegarse no resultado senón que fixeron que a vantaxe chegase mesmo a crecer (75-56).

Con todo, cando todo parecía encarrilado, Movistar Estudantes foise a por o partido sen nada que perder e ameazou a calma coa que o Fontes do Sar afrontaba o último tramo do encontro. O conxunto madrileño chegou a colocarse a só catro puntos no marcador, pero entón apareceu a mellor versión de Brodziansky para manter as distancias. A afección fixo o resto e levou polo aire ao seu equipo nuns minutos finais de alegría e goce.

O Monbus Obradoiro recibirá o vindeiro domingo ao BAXI Manresa  a partir das 17:30 horas antes de pechar o 2018 en terras catalás o sábado 29 ás 18:00 horas ante o Barça Lassa.