Monbus volve a casa por Nadal
Achégase o Nadal e como xa é habitual por estas datas Monbus reforzará os seus servizos de longo percorrido entre o venres 21 de decembro e o domingo 6 de xaneiro, facilitando así o desprazamento dos seus usuarios durante as vacacións.
Na web de Monbus pódense adquirir xa os billetes. Na venda anticipada existen diferentes promocións e descontos como as ReVibajas, coas que os viaxeiros poden gozar de ata un 50% de desconto no prezo do seu billete dependendo da antelación coa que o adquiran.
Máis expedicións
A ampliación dos servizos traerá consigo un aumento da frecuencia e o número de expedicións entre os principais destinos nacionais para que a volta a casa sexa cómoda e fácil:
• Vigo - Barcelona: a conexión entre Galicia e Cataluña será máis continua e circulará diariamente menos os sábados. Desde Vigo haberá unha saída ás 15:30h mentres que desde Barcelona será ás 21:45h. Os días 24 e 31 de decembro non haberá servizo en ningún dos dous traxectos.
• Pontevedra - Irún: as saídas serán tamén diarias entre a cidade galega e a vasca, fóra dos sábados. De terras pontevedresas os autobuses partirán ás 18:50h de luns a xoves e os domingos, mentres que os venres a saída será ás 20:00h. Pola súa banda, desde a urbe vasca os buses iniciarán a súa viaxe en horario unificado sempre ás 20:00h. Da mesma forma, esta liña non circulará nin o 24 nin o 31 de decembro.
• Barcelona - San Sebastián: que sexa unha das rutas con maior afluencia de pasaxeiros queda demostrado co amplo número de frecuencias que ofrece esta liña. Existen tres expedicións diarias para viaxar ata San Sebastián (08:45h, 14:40h e 22:05h) mentres que para chegar ata Barcelona existen dúas (07:15h e 23:15h) que suman unha terceira de luns a xoves (13:40h) ou os venres e os domingos (15:40h). Durante o período do Nadal haberá excepcións nos servizos desta liña:
24 e 31 de decembro: non haberá o servizo das 22:05 desde Barcelona nin o das 23:15 desde San Sebastián.
25 de decembro e 1 de xaneiro: non circularán o autobús das 07:15h e 13:40h desde San Sebastián nin os das 08:45h e 14:40h desde Barcelona.
• Irún - Salou: para poder chegar á Costa Dourada desde territorio vasco a partir do día 21 teremos a posibilidade de realizar a viaxe calquera día da semana menos o sábado. A saída desde Irún realízase ás 06:45h mentres que desde Salou o bus parte ás 15:40h. Nesta liña, non haberá servizo o 25 e 26 de decembro e o 1 de xaneiro.
• Salamanca - Barcelona: a viaxe entre a capital catalá e a cidade castelánleonesa poderase realizar a diario en ambos os sentidos durante as festas, menos os días 24, 25 e 31 de decembro e o 1 de xaneiro. A hora de partida desde Salamanca será ás 10:00h de luns a xoves e os sábados, mentres que venres e domingos será ás 20:30h. En sentido contrario, as expedicións desde Barcelona sairán cada día ás 08:45h.
Ademais, como novidade todas as liñas con orixe ou destino Cataluña terán unha nova parada en Alfajarín. Este municipio aragonés xa servía como zona de paso e descanso para as diferentes expedicións que saían ou se dirixían á comunidade catalá. Agora, os viaxeiros que así o desexen, poderán tamén adquirir o seu billete para viaxar con Monbus desde este punto cara ao destino que elixan.
Comodidade e entretemento
Para facer as viaxes máis confortables a moderna frota de Monbus sitúase á vangarda en seguridade e comodidade, incorporando os últimos avances neste tipo de materias: as butacas Confort Plus, os cintos de seguridade, os enchufes individuais e USB, así como o Wi- Fi gratuíto de alta calidade destacan entre as grandes prestacións que ofrecen os servizos de longo percorrido.
Os vehículos de Monbus inclúen ademais unha plataforma de entretemento de acceso gratuíto na que os usuarios poderán gozar de contido multimedia que fará máis ameno a súa viaxe. Os viaxeiros poderán acceder a este universo de diversión a través das pantallas táctiles individuais situadas na parte traseira das butacas ou nos seus propios dispositivos móbiles a través da plataforma Own Device.
Calquera usuario que necesite máis información acerca da ampliación de servizos para o período festivo, pode contactar por teléfono (982.29.29.00), email (info@monbus.es) ou a través das redes sociais (Facebook, Twitter, G+ e Instagram).