O Monbus Obradoiro cede ante o Real Madrid
Brillante actuación do Monbus Obradoiro no seu duelo ante o Real Madrid no Multiusos Fontes do Sar. O conxunto obradoirista competiu de maneira sobresaliente contra o actual campión de Europa pero acabou cedendo ante o poderío ofensivo do conxunto branco (73-86).
Arrincou o partido con moita intensidade o Monbus Obradoiro. Soubo como conter os ataques visitantes, aínda que a súa falta de acerto de fronte ao aro impediulle aproveitar a vantaxe obtida en defensa (19-26).
No segundo cuarto o partido rompeu. O Real Madrid sacou a pasear todo o seu repertorio ofensivo e logrou abrir brecha no marcador. A desenvoltura de Andreas Obst e Kyle Singler saíu a relucir e entre os dous tiraron do carro para manter con vida ao seu equipo (36-53).
A pesar das adversidades, o Monbus Obradoiro non se deixou levar. Sempre intenso e arroupado por unha afección incansable, o conxunto dirixido por Moncho Fernández seguiuno tentando. O xogo interior de Nacho Llovet e Vladimir Brodziansky foi a mellor arma para seguir sumando (52-71).
No último cuarto, con todo practicamente decidido, o Monbus Obradoiro foise ao ataque. Un parcial de 11-0 permitiu aos santiagueses soñar coa remontada a falta de tres minutos para o final. Pero non puido ser, o Real Madrid non deu opción.