Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Monbus Obradoiro cede ante o Real Madrid

Brillante actuación do Monbus Obradoiro no seu duelo ante o Real Madrid no Multiusos Fontes do Sar. O conxunto obradoirista competiu de maneira sobresaliente contra o actual campión de Europa pero acabou cedendo ante o poderío ofensivo do conxunto branco (73-86).

Arrincou o partido con moita intensidade o Monbus Obradoiro. Soubo como conter os ataques visitantes, aínda que a súa falta de acerto de fronte ao aro impediulle aproveitar a vantaxe obtida en defensa (19-26).

No segundo cuarto o partido rompeu. O Real Madrid sacou a pasear todo o seu repertorio ofensivo e logrou abrir brecha no marcador. A desenvoltura de Andreas Obst e Kyle Singler saíu a relucir e entre os dous tiraron do carro para manter con vida ao seu equipo (36-53).

A pesar das adversidades, o  Monbus Obradoiro non se deixou levar. Sempre intenso e arroupado por unha afección incansable, o conxunto dirixido por Moncho Fernández seguiuno tentando. O xogo interior de Nacho Llovet e Vladimir Brodziansky foi a mellor arma para seguir sumando (52-71).

No último cuarto, con todo practicamente decidido, o Monbus Obradoiro foise ao ataque. Un parcial de 11-0 permitiu aos santiagueses soñar coa remontada a falta de tres minutos para o final. Pero non puido ser, o Real Madrid non deu opción.