Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Monbus Obradoiro arrinca con vitoria

A tempada 2018/2019 arrincou da mellor maneira para o Monbus Obradoiro, despois de conseguir unha sólida vitoria ante San Pablo Burgos (91-81). Na estrea ligueira ante a súa afección, os de Moncho Fernández realizaron unha gran actuación colectiva que lles permitiu levar o primeiro triunfo do curso.

Con intensidade desde o primeiro minuto, o conxunto santiagués arrincou o partido con forza. Nacho Llovet levou a voz cantante en ataque durante os compases iniciais e o Monbus Obradoiro foi aos poucos tomando a medida ao seu rival para mandar no resultado (22-17).

A base de traballo, a defensa obradoirista logrou impoñerse ao ataque burgalés e a vantaxe no marcador foise ampliando. Así, o Monbus Obradoiro foise ao descanso mandando comodamente no marcador (45-32).

Na segunda metade o partido continuou na mesma tesitura de loita e entrega. Cada intento dos visitantes de recortar distancias era neutralizado con acerto polo Monbus Obradoiro para manter a súa renda. Con tres triplos consecutivos, Ben Simons levantou á bancada antes de entrar no decisivo último cuarto (69-56).

Sen tempo para a relaxación, o Monbus Obradoiro seguiu competindo coa mesma intensidade. Os burgaleses apertaron ata que apareceu Kostas Vasileiadis para finiquitar o partido. O aleiro grego bombardeou a canastra visitante a base de triplos para acabar como máximo anotador do partido con 20 puntos.

O Multiusos Fontes do Sar púxose en pé para despedir ao seu equipo e cunha sonora ovación agradeceu o esforzo realizado para conseguir a primeira vitoria da tempada. Tras este triunfo, o Monbus Obradoiro afronta agora un dobre compromiso en terras canarias. O xoves a partir das 21:30 horas enfrontarase a Herbalife Gran Canaria e o sábado ás 20:30 horas o seu rival será Iberostar Tenerife.