Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus na Supercopa Endesa 2018

Santiago acolleu a Supercopa Endesa 2018 co Monbus Obradoiro de excelente anfitrión. Foi unha cita con gran éxito de participación na que o Real Madrid acabou coroándose campión. Kirolbet Baskonia e Barcelona Lassa completaron o cadro de competidores que durante dous emocionantes días fixeron as delicias do público santiagués.

Monbus formou parte activamente do evento sendo o medio de transporte elixido polos equipos participantes para moverse por Santiago. Así, Monbus encargouse de realizar o traslado das diferentes expedicións desde o aeroporto ao seu hotel de concentración e tamén dos seus desprazamentos ata o Multiusos Fontes do Sar para adestrar e disputar os seus partidos.

Espectáculo na pista

A primeira semifinal enfrontou a Barcelona LassaKirolbet Baskonia. Os vascos, liderados por Shavon Shields e Patricio Garino, levaron a dianteira durante todo o partido chegando a dispoñer dunha vantaxe de 20 puntos. O equipo barcelonista non tirou a toalla e chegou con vida aos instantes finais, onde tivo a posesión para mandar o partido á prórroga. Na xogada decisiva o triplo de Kyle Kuric non entrou e o conxunto baskonista pasou á final (76-79).

A continuación saltaron á pista o Monbus Obradoiro e o Real Madrid. Os madridistas partían como favoritos pero o equipo local, arroupado pola súa afección, non llo ía a poñer fácil. Tras unha intensa primeira parte, o Real Madrid rompeu o partido no terceiro cuarto cun Sergio Llull decisivo. O balear encargouse de selar o pase á final con 17 puntos e 6 asistencias. A pesar das adversidades, o Monbus Obradoiro non baixou os brazos e encabezado por Kostas Vasileiadis e Albert Sàbat logrou pechar o partido con orgullo (61-81).

Real Madrid, campión por quinta vez

Na final, Real Madrid e  Kirolbet  Baskonia disputaron un partido moi igualado no que todo se decidiu nos últimos minutos. Os brancos sufriron ante o conxunto vasco pero ao final acabaron conquistando a quinta Supercopa da súa historia (80-73).

O éxito da cita quedou plasmado cun Multiusos Fontes do Sar cheo ata a bandeira que gozou dunha dobre sesión do mellor baloncesto. O Monbus Obradoiro gozou ante un público entregado que viu como o seu equipo deixaba o pavillón alto na súa primeira participación na Supercopa.