Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus celebra o Día sen Coches

Monbus únese á celebración do Día sen Coches poñendo a disposición dos seus usuarios o transporte urbano gratuíto en Ferrol, Talavera de la Reina e Lugo. En Ferrol os viaxeiros poderán acceder ao servizo gratuitamente durante a xornada do venres 21 mentres que en Talavera de la Reina e Lugo o día elixido para a celebración será o sábado 22.

As tres cidades quixeron unirse a este proxecto que se enmarca dentro da Semana Europea da Mobilidade, unha iniciativa europea que serve para introducir e promover nas cidades medidas de transporte sustentable alternativas ao uso do automóbil.

Durante todo o día, varias zonas urbanas pecharanse ao tráfico motorizado e estableceranse zonas peonís e realizaranse actividades ao aire libre, sendo o transporte público a maneira máis inmediata e eficaz de desprazarse.

Á marxe do aspecto lúdico, a xornada ten o obxectivo de fomentar o uso de transporte público que, entre outras, conta coas vantaxes do aproveitamento do tempo, o aforro de tempo e diñeiro e a conservación do medio ambiente. Todo iso repercute nunha mellor calidade de vida para todos.