Monbus, novo patrocinador do CB Igualada
Monbus e o Clube Bàsquet Igualada acadaron un acordo de patrocinio para o equipo Sénior Masculino A que se inicia esta tempada 2018 - 2019.
Con esta nova colaboración, Monbus continúa a súa aposta polo mundo do baloncesto. A gran experiencia obtida co Monbus Obradoiro da ACB, transmitirase ao CB Igualada da liga EBA Catalá. O acordo permitirá a compra do novo material de adestramento co que se beneficiará o clube e que contribuirá ao desevolvemento técnico dos xogadores.
O CB Igualada foi fundado no 1980 polos Sres. Francisco Alcoberro, Josep Mª Soteras, Josep Mª Oller, Joan Soler, Francisco Claramunt e José Miramunt. Desde entón non parou de crecer e actualmente acolle a máis de 300 deportistas repartidos en 25 equipos e a Escola de Baloncesto.
O clube é un punto de encontro para todos os deportistas, socios e simpatizantes, sempre nun entorno deportivo ético que busca prever condutas de risco fomentando unha convivencia responsable, constructiva e solidaria. A finalidade primordial do CB Igualada é a formación deportiva dos máis xoves, contribuindo así ao seu desenvolvemento coma persoas con capacidade para exercer de forma responsable e solidaria os seus dereitos e deberes coma cidadáns e cidadás.
Esta tempada promete ser de vértigo, o equipo dirixido polo técnico Jordi Martí contará coas incorporacións dos xogadores Roger Pérez, proveniente do CB Sitges, e o igualadino Jaume Torres, proveniente do CB Castelldefels.