Bono para universitarios de Valencia
Os estudantes da Universidade de Valencia desfrutarán a partir do setembro dun bono especial. Esta nova tarifa ofrecerá á poboación universitaria a posibilidade de adquirir o seu bono cun 50% de desconto respecto á tarifa do bono ordinario agora mesmo vixente. Os alumnos podrán así aforrar nas súas viaxes e acudir ás clases de forma moito máis económica.
Os bonos podranse utilizar en todos os servizos da liña, de luns a venres. Os alumnos interesados nesta nova opción de movilidade deberán acudir ás Oficinas de Atención ao Público de Monbus en Valencia coa seguinte documentación:
• Dúas fotos tamaño carnet.
• Fotocopia da matrícula dos estudos a realizar.
• Número de conta bancaria onde se vaia a domiciliar o cobro mensual.
Este novo servizo que Monbus pondrá en marcha co inicio do novo curso permitirá que os estudantes de Utiel, San Antonio e Requena, entre outras poboacións, podan ir á Universidade de Valencia de forma cómoda. Este traxecto fará parada en varios dos puntos neurálxicos da zona universitaria como son a Estación de Autobuses de Valencia, o Campus de Burjassot, o Campus de Blasco Ibáñez, a Politécnica Los Naranjos e Magisterio.
Habrá un total de cinco expedicións diarias de luns a venres con saídas desde Utiel ás 06:15h, 07:30h, 13:00h y 15:00. Da mesma forma, a volta desde Valencia poderase realizar ás 13:10h, 15:10h, 18:10h, 19:10h e 21:15h. Os horarios completos pódense consultar no seguinte enlace.
Para máis información, os usuarios poden dirixirse ao email info@monbus.es, por teléfono no 982 29 29 00, ou a través das redes sociais (Facebook, Twitter, G+ e Instagram).