Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus estrea rutas no centro peninsular

Monbus iniciará o próximo 27 de agosto a súa actividade na VAC-247, Aldeanueva del Camino (Cáceres) - Madrid, que cruza o Sur de Castela e León no seu camiño cara á capital de España. A estrea coincidirá cun cambio de parada en Madrid, da Estación Sur de Méndez Álvaro ao Intercambiador de Transportes de Moncloa, que posibilitará un aforro de tempo de 20 minutos.

A concesión contempla as seguintes rutas:

Ruta 1: Aldeanueva del Camino – Madrid

Ruta 2: Linares de  Riofrío – Madrid

Ruta 3: Linares de  Riofrío – Piedrahita

Ruta 4: El Barco de Ávila – Ávila

Ruta 5: Piedrahíta – Madrid (Directo)

Ruta 6: El Barco de Ávila – Piedrahita

Monbus iniciará o seu servizo  concesional o 27 de agosto. Con todo, os usuarios poden adquirir xa os seus billetes en venda anticipada a través da web.

Monbus ten activo o seu club de fidelización que permite aos viaxeiros obter, previo rexistro, descontos en billetes, ademais de premios e outras vantaxes. Paralelamente, a empresa ofertará diferentes descontos a menores, maiores, estudantes, militares sen gradación, pensionistas, por venda anticipada ou bonos por número de viaxes, ida e volta, persoas con mobilidade reducida e grupos.

Entretemento a bordo

Cinco vehículos incorporaranse á frota dispoñible para a prestación deste servizo. Estes modernos Man Lion´s Coach levarán instalada a tecnoloxía máis avanzada do mercado, con extraordinarias opcións de entretemento.

As butacas teñen incorporadas pantallas individuais con diferentes posibilidades de distraccións. Desde películas ou series como seleccións audiovisuais principais, o sistema tamén convida a ver canles de televisión en directo ou acceder a internet a través dun navegador. A maiores, os usuarios poderán encher unha enquisa de satisfacción.

Toda esta oferta está accesible a través do sistema Own Device nos dispositivos electrónicos particulares conectándose a través da Wifi de alta calidade que forma parte do amplo equipamento dos autocares.

Os buses dispoñen de enchufes individuais de 220v e USB en todas as prazas, luces de lectura, máquina de vending, cafeteira, quenta leites para bebés e un baño.

Entre os elementos de seguridade, contan con sistema ESP ou similar, asistente de freada de emerxencia, detector de fatiga, asistente de carril, control de cruceiro  predictivo, detector de fume na adega, cintos de seguridade, sistema  Isofix e  desfibrilador.