O Bus Exprés refórzase en Manresa e Olesa
Monbus poñerá en marcha a partir deste mércores 11 de xullo un importante reforzo do servizo de transporte de viaxeiros que conecta as localidades de Manresa e Olesa con Barcelona. Esta actuación permitirá ampliar os servizos do Bus Exprés nestas dúas liñas.
A iniciativa responde a un compromiso do Departamento de Territori da Generalitat por mellorar un servizo do que Monbus fíxose cargo a finais de 2016 cuns condicionantes funcionais, especialmente de horarios, obsoletos e que non se axustaban á realidade do tráfico. Así, reforzaranse estas dúas rutas mediante a fórmula de Bus Exprés, coa creación dalgunhas novas expedicións e a reorganización doutras.
Con estas melloras, os dous corredores ampliarán o seu número de expedicións directas: o Exprés e22 Manresa - Barcelona pasa de 11 a 22 e o Exprés e23 Olesa-Barcelona de 9 a 12. Os servizos increméntanse tamén os sábados, domingos e festivos, e igualmente intensificaranse durante o mes de agosto. Os horarios ao completo pódense consultar na seguinte ligazón.
A operación implica a incorporación de catro novos autobuses ao servizo, dous específicos para as liñas exprés e dúas máis para as liñas por paradas. Os vehículos novos son de alta capacidade, marca Setra-Mercedes Benz, dos máis cómodos, eficientes, seguros e fiables do mercado, e que cumpren a norma EURO VI e categoría C de respecto ambiental. Deseñados especificamente para o servizo interurbano, os novos vehículos dispoñen dos sistemas de seguridade activa: EBS, ABS, ESP, ASR, BAS, ROM e LAC, e contan con avisador de cambio de carril, freada autónoma en alcances, sistema de inclinación para facilitar entrada e sistema de detección e extinción automática de incendios. Os buses son accesibles para persoas con mobilidade reducida, cunha praza para cadeiras de rodas e plataforma elevadora, e dispoñen de servizos de WIFI e prensa a bordo.