MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

Resumo

Melloras nas liñas interurbanas de Ferrol

Os veciños de Ferrol xa gozan dos novos servizos de autobús da cidade, que inclúen melloras nas frecuencias e os horarios e un maior número de paradas. Estes progresos veñen satisfacer unha demanda crecente dos usuarios, en especial das zonas rurais.

Os cambios máis significativos producíronse na liña que circula entre o Mercado de San Xulián e Brión, que se ampliará para dar servizo aos veciños de San Cristobo e San Felipe. Á marxe deste novo final de liña tamén se incorporarán novas paradas en Liñares, Martín, Vilasanche e Viladonga.

Ademais, a liña Ferrol - Mandiá tamén sufrirá modificacións de horarios como consecuencia da creación da nova variante Ferrol - Mandiá - Serantes. Esta liña, que terá dúas paradas adicionais en Pazos e Serantes, operará de luns a venres nos seguintes horarios:

• Ida: 07:00h, 07:15h, 11:30h, 15:00h e 19:30h

• Volta: 12:15h e 15:45h

Todos os novos horarios e paradas pódense descargar na seguinte ligazón.

Para calquera consulta relacionada cos servizos, os usuarios poden solicitar máis información por teléfono (982.29.29.00), email (info@monbus.es) ou a través das redes sociais (Facebook, Twitter, G+ e Instagram).