Un San Fermín ao grande con Monbus
Pamplona prepárase para os seus días grandes. Do 6 ao 14 de xullo, a capital navarra converterase no foco de atención coa celebración das festas de San Fermín. O txupinazo dará o pistoletazo de saída a 9 días de esmorga sen interrupción que miles de persoas xa esperan con impaciencia.
Para esta gran cita, Monbus reforzará os seus servizos regulares desde orixes como Barcelona Sants, Barcelona Nord, Lleida, Tarragona ou Salou para mobilizar aos viaxeiros que queiran gozar dos encerros, a música e o resto de actividades programadas. Equipados con cómodas e amplas butacas, enchufes de corrente e USB individuais, conexión Wi- Fi gratuíta, luces de lectura, repousapés regulables e a máis avanzada tecnoloxía en materia de seguridade, os modernos autobuses da frota de Monbus chegarán directos a Pamplona para empaparse do espírito sanfermineiro.
Máis aló dos festexos, Monbus continuará promovendo a campaña "Pamplona libre de agresións sexistas / Eraso sexistarik gabe, Iruña aske", impulsada pola Área de Igualdade do Concello de Pamplona dentro do III Plan de Igualdade do consistorio municipal. Esta iniciativa ten como obxectivo facer de Pamplona unha cidade segura e libre de violencia, á vez que incentiva a resposta cidadá de rexeitamento e a denuncia activa ante calquera tipo de agresión sexista. A campaña, que a nivel audiovisual inclúe un cartel especial e un vídeo promocional, será difundida tanto a través das redes sociais de Monbus como nos propios autobuses e nos despachos de billetes.
Así mesmo, durante os próximos días Monbus poñerá en marcha un concurso a través das súas redes sociais (Facebook, Twitter, G+ e Instagram) no que os usuarios terán a oportunidade de conseguir viaxes de ida e volta a Pamplona para poder gozar das festas ao grande.