Monbus estrea o servizo Platja Exprés
Este verán, os veciños do Prat de Llobregat poderán gozar da praia sen preocupacións polo tráfico ou polo aparcadoiro, xa que o seu medio de transporte ideal para chegar á beira do mar será o autobús. A partir deste próximo sábado 2 de xuño, Monbus poñerá en marcha un servizo especial denominado Platja Exprés que conectará o centro urbano co areal da localidade.
O servizo funcionará sábados, domingos e festivos durante os meses de xuño, xullo e agosto. Cunha frecuencia de 30 minutos, esta nova liña circulará desde primeira hora da mañá ata que caia o atardecer. A primeira saída desde O Prat producirase ás 09:05 horas e a última ás 20:35 horas. Pola súa banda, as saídas desde a zona de praia comezarán a operar a partir das 09:35 horas e terán como último servizo o das 21:05 horas, para que así todos os usuarios poidan aproveitar os últimos raios de sol do día.
Os horarios completos deste novo servizo pódense consultar na seguinte ligazón.
Para calquera consulta relacionada coa posta en marcha do novo servizo, os usuarios poden solicitar máis información por teléfono (982.29.29.00), email (info@monbus.es) ou a través das redes sociais (Facebook, Twitter, G+ e Instagram).