Monbus chega ao centro da Coruña
Monbus amplía os seus servizos na Coruña coa chegada ao centro da cidade. A partir do próximo luns 28 de maio, as liñas entre A Coruña - Ordes - Santiago e A Coruña - Ordes terán novos puntos para a subida e baixada de viaxeiros.
A maiores da que xa existía na Estación de Autobuses, estableceranse novas paradas en Costa Palloza, Praza de Ourense e Entrejardines.
Monbus aposta desta forma por ofrecer unha mellor conexión entre a área metropolitana e o centro urbano. Agora, os usuarios de lugares como Sigüeiro, Carral, Alvedro ou Vilaboa poderán chegar ata o centro dunha tirada e sen ter que facer ningún tipo de transbordo.
Así, as liñas que chegan á cidade herculina terán a súa primeira parada no exterior da Estación, en Alfonso Molina, para pasar despois por Costa Palloza, Praza de Ourense e terminar o seu traxecto en Entrejardines.
No sentido contrario, o punto de partida das liñas que saian da cidade cara á área metropolitana será a parada de Entrejardines. A continuación pasarán por Costa Palloza e, sen parar en Praza de Ourense, chegarán ata o interior do recinto da Estación de Autobuses.
Os novos horarios desta concesión pódense descargar na seguinte ligazón.
Calquera usuario que necesite utilizar os servizos da compañía, pode solicitar a información por teléfono (982.29.29.00), email (info@monbus.es) ou a través das redes sociais (Facebook, Twitter, G+ e Instagram).