Vibasa amplía a súa oferta de servizos de transporte de viaxeiros coa liña Estremadura - Salamanca - Barcelona
Monbus, a través de Vibasa, incrementa os seus servizos de transporte de viaxeiros por estrada en traxectos de longa distancia por España coa compra da concesión Estremadura - Salamanca - Barcelona á empresa Renfe - Íñigo. Esta sociedade foi constituída entre Renfe e Sebastián Íñigo Madera en 1978. Dende entón, contribuiu a resolver a demanda de mobilidade dos usuarios entre A Moralexa, Coria, Salamanca, Soria, Zaragoza e Barcelona.
A ruta Salamanca - Barcelona (tamén en sentido inverso, Barcelona - Salamanca), realízase de luns a venres, con puntos de paso por Aranda de Duero, Soria, Zaragoza e Lleida. Ademais, todos os domingos sae unha expedición de Salamanca con destino cara a Barcelona con idénticos puntos de paso.
O servizo Coria - Salamanca realízase os días laborais, de luns a venres e os domingos durante o curso escolar. Esta liña enlaza Coria e Salamanca dando servizo no seu percorrido a localidades cacereñas e salmantinas.
De luns a sábados a ruta A Moralexa –Barcelona, en sentido contrario Barcelona - A Moralexa, atende aos usuarios con destino ou orixe en Salamanca, Aranda de Duero, Soria e Zaragoza.
A liña Estremadura - Barcelona ven, por tanto, a complementar os servizos de transporte que viña prestando Vibasa na zona norte de España, establecendo conexións de autobús entre Galicia, Catalunya e Euskadi. Aquí venda online e prezos. Xa dende os seus inicios, Vibasa tivo como principal obxectivo ofrecer un servizo de transporte de máxima calidade, pensando sempre en satisfacer as necesidades dos seus usuarios. Grazas en boa parte a unha frota de vehículos cunha idade media de entre 2 e 4 anos equipados cos máis modernos sistemas de seguridade e confort, Vibasa foise consolidando coma unha das empresas líder no sector do transporte de viaxeiros en traxectos de longa distancia por España.
Dende o 1 de outubro, os usuarios da liña Estremadura - Barcelona poderán mercar os seus billetes a través da web de Monbus e desfrutar de xeito inmediato dunha disminución nos gastos de xestión que viñan afrontando, que pasarán dos 2.54€ que se pagaban na antiga web de Renfe Iñigo, á tarifa habitual de Vibasa situada nos 0,75€.