O camiño ao Viña Rock 2018 con Monbus
A festa do rock volveu a Villarrobledo. O Viña Rock celebrou a súa vixésima terceira edición do 28 ao 30 de abril con cifras de asistencia superiores ás 200.000 persoas, números que o converten no maior festival de rock a nivel nacional. Foron tres días moi intensos nos que máis de 120 artistas pasaron polos sete escenarios habilitados no recinto.
Como patrocinador e provedor dos servizos de transporte discrecional do Viña Rock grazas á súa colaboración con DeFestivales, Monbus preparou un dispositivo especial que mobilizou a miles de festivaleros.
Un total de 140 autobuses chegaron desde 28 puntos diferentes de toda a xeografía española directos ata o parking privado con ganas de pasalo en grande. Barcelona e Madrid foron as saídas con maior afluencia de vehículos, tamén destacaron Bilbao, Valencia e Vitoria como lugares de orixe das rutas ata terras manchegas.
O plan musical arrincou o venres cunha festa de benvida que serviu para quentar motores. Eses primeiros acordes deron paso a un longo fin de semana que se prolongou ata o luns coas destacadas actuacións de Reincidentes, La Raíz, Rulo y la Contrabanda ou Dakidarría. A música non parou e consagrou ao Viña Rock como unha das grandes referencias musicais de España.