Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Modificación de liñas na Ascensión

Santiago de Compostela prepárase para celebrar as Festas da Ascensión. Do 9 ao 13 de maio, a capital de Galicia vístese de gala para celebrar ao grande cinco días cargados de festexos.

O día 10 será o día grande, a Ascensión. A cidade deixará ao carón a súa actividade diaria para meterse de cheo nas celebracións aproveitando o día festivo. Os servizos de transporte tamén se verán afectados por estas circunstancias especiais e por ese motivo deixarán de circular durante ese día, en ambos os sentidos, as seguintes liñas:

• Rúa da Rosa - Bertamiráns

• Rúa da Rosa - Sigüeiro

• Santiago - Moraña

• Pontevea - Santiago

• Luou - Santiago

• Cambados - Santiago (expedición das 06:20 h)

Pola súa banda, os servizos de funcionarios desde A Coruña, Ferrol, Betanzos, Ourense e Vigo quedarán tamén suprimidos. No caso de Pontevedra, o servizo quedará cuberto pola expedición Vigo - Coruña das 06:15 horas, que realizará paradas habituais de funcionarios.

As actividades culturais, musicais e teatrais sucederanse por toda a cidade durante os próximos días. O cartel de grandes actuacións estará encabezado por Iván Ferreiro e  Delaporte. Este concerto así como a maioría da programación festiva será, en xeral, de acceso libre.